domingo, 23 de marzo de 2025

Cronica

O pasado domingo dia 9 de marzo os amigos de Paso Miúdo fixemos a ruta: PR.G 228 Fervenza Pena dos Portelos en Ribeira de Piquin.

Por problemas co G.P.S. iniciamos a ruta que tiñamos planeado facer ao revés, saímos dende a área recreativa de Chao do Pousadoiro río abaixo pola marxe dereita sorteando os efectos da riada de días anteriores ata chegar A Ponte onde cruzamos o río Eo para subir ata San Xurxo de Piquín no que nos encontramos coa su igrexa datada no ano 1782, posúe un belo estilo neoclásico con muros de lousa. A súa planta é de cruz latina, formada por dúas capelas, cunha sóa nave cuberta por unha bóveda de canón. No interior, un retablo neoclásico na capela lateral e unha cruz de prata repuxada.

O abrupto relevo do concello de Ribeira de Piquín fai que os regos que descorren polas súas terras, teñan que salvar grandes desniveis orixinando espectaculares fervenzas en diversos puntos.

Tal e o caso do Rego de Survial do Couso. Este rego cae nun barranco de lousas moi fondo e escuro, dunha altura de máis de 15 m, dando lugar a Fermosa Fervenza da Pena dos Portelos, protagonista de esta ruta.

Seguindo unha ampla pista forestal, alcánzase a derivación que leva á fervenza Fervenza de Pena dos  Portelos. Durante o percorrido de acceso, transítase pola Fraga da Pena dos Portelos, bosque autóctono con carballos e castiñeiros centenarios invitan a deixar voar a imaxinación, evocando tempos máxicos de fadas e trasnos. Esta paisaxe vai acompañando ao visitante ata chegar a singular Fervenza.

O acceso final ao arroio de Survial do Couso está protexido con escaleiras e pasamans. Aquí a auga cae máis de quince metros por un barranco de lousa, húmido e escuro, que vístese de fentos e caducifolias.

O retorno da derivación ata o trazado principal faise polo mesmo camiño ata chegar ao lugar onde fixemos a derivación ata a Fervenza dende este punto a ruta continúa por un camiño de terra que vai paralelo ao río Eo a media ladeira, permitindo observar o pobo de Barcia entre eucaliptos e piñeiros, ata chegar a estrada LU-751, marcando o punto de inicio/fin da ruta novamente.

Vémonos na seguinte que unha vez falado entre todos os asistentes será en Vilalba para asistir a Feira do Queixo de San Simón



Powered by Wikiloc